Traductor

domingo, 20 de abril de 2014

SUITE PARA OS MESTRES HOLANDESES


Levamos unas semanas traballando unha espectacular obra (Dutch Masters Suite) que veunos da mán dun dos grandes compositores da actualidade, o holandés Johan de Meij.
Johan de Meij , a máis de compositor e director, é trombonista e bombardinista pero máis coñecido pola súa Sinfonía Nº 1, alcumada "O Señor dos Aneis". Estudou trombón e dirección de orquestra no Real Conservatorio de Música na Haia. Gañou fama internacional como compositor e arranxador. O seu catálogo está composto por obras orixinais, transcripcións sinfónicas e arranxos de bandas sonoras de películas e musicáis.

A Edade de Ouro Neerlandesa, século XVII, foi una época na que Holanda tivo un gran desenvolvemento político, económico, comercial, cultural e artístico. Neste esceario xurdiron algúns dos maiores Mestres barrocos da pintura. Na súa composición musical Johan de Meij rinde homenaxe a Rembrandt, Vermeer e Jan Steen, artistas preocupados pola vida cotiá no agro, na cidade, pola vidas das súas xentes, das súas diversións, polas súas paixóns, polos seús medos. De Meij inspirouse en tres lenzos feitos ao redor de 1650, expostos no Rijksmuseum da cidade de Ámsterdam, para realizar a súa composición músical dividida en tres movimentos. Un por cada lenzo.


Dutch Masters Suite (Suite para os Mestres Holandeses)

Johan de Meij

I) Nachtwacht (The Night Watch).  Guardiáns da Noite – Rembrandt van Rijn




Niste primeiro movimiento os Vixiantes da Noite de Rembrant adoitan presentarse fachendosamente. O Capitán Banningh Cock, reflectido polo trombón solista, dirixe ós seus homes. A procesión, lenta pero segura, comenza a moverse.






II) De liefdesbrief (The Love Letter). A Carta de Amor – Johannes Vermeer

 


O segundo movimiento destaca polo seu lirismo, constituindo una forte contraste co primeiro.
Escoitamos unha música de laude tocada pola moza representada na Carta de Amor no lenzo de Vemeer. Ela, silandeira, cantaruxea a "Sorrow, Come!" de John Dowland. De súpeto, unha petada na porta interrompe o seu cantar. É a súa doncela,...¡por fin!...¡unha mensaxe do seu namorado! O contido da carta desacougana, pero finalmente retoma a calma i escomenza de novo a súa tocata de laude remtando nun acougado acorde maior.

 




 
 III) Prinsjesdag (Prince’s Day). O Día do Principe – Jan Steen

O terceiro movimiento é totalmente diferente: Prinsjesdag (O Día do Principe), un día festeiro en Holanda. Un príncipe naceu, o Príncipe William III. As fondas enchensen para celebrar iste acontecemento. Na súa pintura do mesmo nome, Jan Steen reflicte o rembumbio dunha taberna daquela época con música festeira que escomenza ordeadamente, con marmurio e o lixeiro chocar dos vasos. Namentras un conxunto toca unha alegre canción de amor, outros grupos de xente prefiren xogar ás cartas ou ós dados. Pero, ós poucos, o alcohol comenza a traballar e as cousas están fora de control. As músicas están subidas de tono, distintas cancións de taberna fanse eco ó mesmo tempo. Escoitamos cantar, rir e carallada. As botellas caen e rachan. Un campesino gábase do seu trombón.
Isto leva a un enorme climax, seguido pola resaca: unha desorde sin ton nin son con anacos de música festeira. Pouco a pouco desaparece a elevada espiritualidade, todo doe. Non é o millor peche posible para os nosos Vellos Mestres Holandeses pero, por sorte, a través dun epílogo con material temático do primeiro movimiento, de Meij lévanos de volta á civilización.



Podemos aprezar como a música e a pintura fusiónanse  e son quen de expresar e transmitir emocións e como Johan de Meij rinde homenaxe ós Mestres Holandeses da Pintura. Agardamos que istes apuntes sexan do voso agrado.


Saúde.

Fontes de consulta:

Wikipedia
http://www.johandemeij.com
https://www.youtube.com/user/artehistoriacom

Ningún comentario: