Oleiros Bandástico
sábado, 10 de maio de 2014
IX Festival de Bandas de Música Concello de Oleiros
O Concello de Oleiros organiza para o próximo domingo 11 de maio o IX Festival de Bandas de Oleiros. O concerto celebrarase no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a partir das 18.00 horas.
Nesta edición a banda invitada é a Banda da Escola de Música Isabel II de Touro, dirixida por José Lodeiro Gesto. Esta prestixiosa formación conta na actualidade cun total de 45 músicos. Xunto a ela, estará a Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros, dirixida por Alberto Piñeiro.
Programa:
Banda de Música Isabel II de Touro
La Rodana ( de Ferrer Ferrán)
Ditcher Und Bauer ( de Franz von Suppé-Arr. Tohru Takahashi)
Monte Serrat ( de Ferrer Ferrán)
Vals Da Balouta ( de X. L. Represas)
Director: José Lodeiro Gesto
Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros. BEMMO
Santander ( de E. Rosillo)
Polovstian Dances Da Opera Príncipe Igor (de A. Borodin)
Dutch Mastres Suite ( de Johan de Meij)
Director: Alberto Piñeiro Leiva
Estades convidados. Contamos coa vosa presenza
Saúde.
sábado, 14 de maio de 2011
17 MAIO. DIA DAS LETRAS GALEGAS
O poeta Lois Pereiro, a quen adícaselle iste ano o Día das Letras, di nun dos seus poemas:
A amizade protexe e o amor cura
o odio contaxia e fire
a indiferencia mata.
Apliquemos estes versos á nosa lingua.
Fronte ó odio e fronte á indiferenza, o noso amor.
Queremos galego!
Concentracions dia 17 de Maio:
A Coruña: 12 da mañá, Obelisco (Cantón Grande)
A Estrada: 13 horas, Praza do Concello
A Guarda: 12 da mañá, Auditorio de San Bieito
Allariz: 12 da mañá, Praza Maior
Ares: 12 da mañá, Praza do Concello
Arteixo: 12 da mañá, anfiteatro do Paseo Fluvial
As Pontes: 12 da mañá, Praza de América
Barcelona: 19 horas, Centro Galego de Barcelona (Rambla)
Barreiros: 18 horas, escolas de Celeiro de Mariñaos
Belfast: 16 horas, Culturlann, Falls Road (oeste de Belfast)
Betanzos: 12 da mañá, palco da música do Cantón
Boiro: desde as 11.30, romaría popular na finca do Pazo de Goiáns
Bos Aires: 12 da mañá (hora arxentina), Praza Castelao (Bernardo de Irigoyen e Independencia)
Bruxelas: 19 horas, Place de Luxembourg, fronte ao Parlamento europeo
Cambados: 12 da mañá, Alameda (xunto á estatua de Cabanillas)
Cambre: 12 da mañá, Vila Florentina (Cecebre)
Carballo: 12 da mañá, Paseo do Anllóns
Carral: 12 da mañá, Monumento aos Mártires
Cedeira: 12 da mañá, Praza da Reitoral da Vila Vella
Celanova: 12 da mañá, Vilanova dos Infantes
Culleredo: 12 da mañá, Praza de Europa (O Burgo)
Fene: 12 da mañá, local do Pote (Maniños)
Ferrol: 12 da mañá, Praza do Himno Galego (Esteiro)
Lalín: 12 da mañá, Praza da Igrexa
Lugo: 12 da mañá, Rúa da Raíña (fronte ao Hotel Méndez Núñez)
Madrid: 12 da mañá, Parque Breogán (zona Avenida de Bonn), xunto á estatua de Castelao
Marín: 12 da mañá, na Alameda
Monforte de Lemos: 12 da mañá, Praza de Santa Clara
Narón: 12 da mañá, Parque Botánico Carlos Rodríguez Dacal
Nigrán: 11.30 da mañá, Parque da Ramallosa
Nova York: 17 horas, Battery Park (fronte á estatua da Liberdade)
O Barco de Valdeorras: 12 da mañá, pasarela peonil do Salgueiral
O Carballiño: 12 da mañá, Praza Maior
Oleiros: 12 da mañá, Praza do Emigrante (Porto de Santa Cruz)
Oroso: 12 da mañá, Praza de Isaac Díaz Pardo (Sigüeiro)
Ourense: 12 da mañá, Xardíns do P. Feixóo
Oxford: 17 horas (hora inglesa), xunto a Carfax Tower
Padrón: 12 da mañá, Paseo do Espolón (xunto á estatua de Rosalía)
Pontedeume: 11.30 da mañá, Praza do Concello
Pontevedra: 12 da mañá, Praza da Peregrina
Redondela: 12 da mañá, Praza do Concello
Ribadavia: 12 da mañá, Praza Maior
Ribeira: 12.30 da mañá, Rúa de Galiza
Sada: 12 da mañá, Praza dos Irmáns Suárez Picallo
Salceda de Caselas: 12 da mañá, Praza do Concello
San Sadurniño: 12 da mañá, Praza do Concello
Santiago de Compostela: 11.30, Porta Faxeira
Soutomaior: 12 da mañá, Alameda de Talorrío (Arcade)
Valdoviño: 12 da mañá, Praza da Casa da Cultura
Vigo: 11.30, Praza da Princesa
Xenebra: 20 horas, Asociación S.C.D.R Galaica, 18, Chemin de la Caroline, Petit-Lancy
Xinzo de Limia: 12.30 da mañá, Praza Maior (ou Praza de San Roque)
luns, 2 de maio de 2011
CONTAXIO
Depende de min?
Depende de ti?
Depende de el, de ela?
Depende de nós?
Depende de vós?
Depende de eles, de elas?
¡¡¡ CONTÁXIATE !!!
Depende de ti?
Depende de el, de ela?
Depende de nós?
Depende de vós?
Depende de eles, de elas?
¡¡¡ CONTÁXIATE !!!
sábado, 19 de marzo de 2011
LIDERAZGO E TRABALLO EN EQUIPO
ITAY TALGAM é un director de orquestra isrealí de sona mundial que, ademáis, ten excelentes dotes de conferenciante.
O seguinte video seméllame moi interesante. Itay Talgam fálanos de distintos xeitos de liderar, de conducir, de dirixir,poñéndonos exemplos de directores de orquestras. O millor, como case sempre, no último minuto. Pero pra chegar a ise nivel de armonia, sen dicir nin transiqueira unha verba, hai moito traballo en EQUIPO detrás. Ou non?
Non esquenzades escoller os subtítulos, no voso idioma preferido, antes de velo video.
Agardo que sexa do voso agrado.
Saúde.
VentoMadeira
O seguinte video seméllame moi interesante. Itay Talgam fálanos de distintos xeitos de liderar, de conducir, de dirixir,poñéndonos exemplos de directores de orquestras. O millor, como case sempre, no último minuto. Pero pra chegar a ise nivel de armonia, sen dicir nin transiqueira unha verba, hai moito traballo en EQUIPO detrás. Ou non?
Non esquenzades escoller os subtítulos, no voso idioma preferido, antes de velo video.
Agardo que sexa do voso agrado.
Saúde.
VentoMadeira
sábado, 20 de febreiro de 2010
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)