Traductor

luns, 2 de xuño de 2008

Tango for a Toreador,... disque.

Pregúntome se trátase dun tango con aire de pasodobre ou un pasodobre con aire de tango. En calqueira caso, soberbio.
Despois dunha introducción chea de ritmo e intensidade albíscase o tema A da primeira sección. Ista parte caracterízase polo constante colorido andaluz tanto nas súas melodías coma polo ritmo marcado pola castañolas e as trompetas.
Un redobre de timbal anuncia a chegada do segundo tema. Un pouco máis vivo que o anterior e cun ritmo máis incisivo, o tema B amosa os instrumentos de rexistro máis grave acompañado polas coloristas armonías e os incesantes patróns rítmicos que realizan as madeiras, as trompetas e a percusión.
Unha última alusión á escala andaluza por parte dos clarinetes e saxos, sostida por unha nota prolongada no rexistro grave, pon remate á primeira parte.

A Segunda parte escomenza cun tango arxentino. Un novo tema, apaisoante e cheo de sentimento é introducido polos clarinetes. Pero, de súpeto, o compositor convídanos a escoitar unha pasaxe que fainos lembrar o ambente andaluz da primeira parte coma se non quisera esquencer o que acontecera nela.
Tanto é así que, de seguido, reaparece parcialmente o tema A, iso si, faino ó ritmo do tango arxentino que víñamos de escoitar.
Neste intre mistúranse as duas culturas: a andaluza e a arxentina.
E con ista mistura de coores chegamos á coda final elaborada con elementos temáticos expostos na introducción.

¡Moitas grazas Sr. Snijders!

Disfrutamos coma enanos e pasámolo de carallo..., a pesares dos tresillos.
Saúde e amodiño.

1 comentario:

mariabombardino dixo...

muy buenas!!!
una página fantástica, que digo bandástica!!!
la verdad es que es triste, pero es la primera vez que entro, gracias a un vídeo de youtube :)
Así que esper que sigamos así y mejor durante muchos muchos años!!
y ole ese tango!!!