Traductor

martes, 12 de agosto de 2008

Crónica dun DESCONCERTO

O prometido é débeda. Comprometinme a dar testemuña do que acontecera no concerto que a Banda da Escola de Música de Oleiros ía dar co gallo da clausura da Feira Alfaroleiros no serán do dómingo día 10 de agosto no Parque Luís Seoane de Santa Cruz.
O mal tempo xogounos unha moi mala pasada ós alí presentes xa que houbose de suspender o concerto por mor da chuvia, que no intre de escomenzar os músicos a afinar, escomenzou a caer.
Unha magoa por non poder disfrutar dunha agradable velada musical coa serenidade que proprciona o entorno do parque, unha magoa que despois do esforzo e adicación dos músicos tralos ensaios para iste concerto non poideran amosar nista ocasión o resultado do seu traballo e unha magoa por non poder dar a despedida desexada ós Señores do Barro.

Para compensar, deixovos cun dos pasodobles máis fermosos que coñezo, Ponteareas, composición de Reveriano Soutullo, e que acadou soa internacional.
Disfrutade con el.

>

3 comentarios:

O chopo dixo...

Que guapos e guapas que estades cos vosos novos traxes.
A verdade e que se me fai raro veros tan ben uniformados. O único que case sempre vai traxeado era ata agora o voso director.
Espero que todos esos traxes se enriquezan coa boa música que facedes, e así seguir medrando musicalmente......

VentoMadeira dixo...

Estou contigo Chopo, estánche todos ghuapisimos. Agardo que non fique todo na estética da imaxe e que a súa cualificación musical siga a medrar.

VentoMadeira.

Nogueirido dixo...

Cos traxes novos parecedes unha banda de "champion league". Agora ademáis de escoitarvos vai dar gusto mirar para vos.