Traductor

sábado, 20 de setembro de 2008

Escomenza-lo traballo de novo.

Despois de algo máis dun mes sen saber nada das actividades dos integrantes da Banda da Escola de Música de Oleiros, achéganse a min os primeiros lareteos do que esta a acontecer no entorno da agrupación.
Seique tra-lo acougo da época estival, marcada niste caso polo “Desconcertazo” da clausura da Feira Alfaroleiros, voltaron ós ensaios o pasado día 12 de setembro e xa estan a repetir a rutina dos sábados pola mañán no Auditorio da Fábrica .
Ahhhh, iso sí. Unha novidade a ter en conta e moi valorada, asegún dixéronme, foi o feito de entregar un plan de obras a preparar para iste curso co seu respectivo plan de ensaios mensual.
Semella que o Sr. Piñeiro non quere dar puntada sen fio. ¿Sorprenderános con algo?
Pois non o sei. Os meus informadores do único que me deron conta foi das pezas que teñen que ir preparando: Que si “Clarinera Mayor”, que si “Alvamar Overtura”, que si “Highlights from Annie”. Tamén faláronme de algo así como “Palindromía Flamenca” e “Orfeo nos Infernos” dun tal Offenbach . Interesado eu por saber se habería algunha peza "das nosas", das de autores da terra, non acertaron a dicir nada. Por favor Sr. Piñeiro, sabemos da súa especial sensibilidade polo noso. Estamos na terra de Reveriano Soutullo , de Pascual Veiga de ….., estamos na terra da muiñeira, das alboradas e dos compases ternarios. Somos herdeiros dun patrimonio musical que ven de moi lonxe e chegou canda nos grazas o compromiso dos nosos maiores. É un sinal de identidade colectivo. Que non esmoreza con nós. Fagamos un pequeño esforzo por seguir existindo e aportando o noso sentir no eido musical, tamén. Todo pode entrar no saco. A música non ten fronteiras. Non as poñamos nós.

Pois a mín iso de “Palindromia Flamenca” tanto me chocou que escomencei a investigar sobor dela, e resultou ser algo moi curioso, mesmo unha peza esplendida e moi atractiva. Mirade e escoitade iste video. Paga a pena. Despois, se vos prace seguide lendo.



¿Non vos transmitiu nada?.....A música non ten fronteiras.

Ista gravación corresponde a un concerto da Banda Municipal de Valencia dirixida por Pablo Sánchez Torrella. "Palindromía Flamenca" é unha obra para Saxo Soprano, Guitarra Española, Caixa Flamenca e Banda, autoría de Antonio Ruda Peco. Según o propio autor, ista obra é un xogo en forma de soleá . En literatura, o término Palíndromo, é un escrito que tanto ten leelo de dereita a esquerda coma de esquerda a dereita. Esta é forma que utilizou o autor para a súa composición. Así as suas frases, contrapuntos, efectos, tanto melódicos como armónicos ou rítmicos son na meirande parte dos casos palíndromos a 1,2,4,8 ou máis compases. Poidéchedes apreciar que ten unha introducción cun estilo moi español seguida dun motivo que repítese varias veces alternando coas frases. Máis adiente o saxo solista a xeito de improvisación, e coa colaboración da guitarra española, as palmas e o caixón flamenco trasládanos ó que coñecemos como un “tablao flamenco”.
A peza foi adicada polo autor ó saxofonista Pedro Iturralde . Non é de estranar.

Xa teño gañas de ver a istes autochamados “BANDOLEIROS” como atacan ista composición. ¿Deixarana viva?. Agardemos que si. E a nós tamén, queremos seguir disfrutando.
Daremos conta equí da súa posta en concerto. ¿Vale?
Saúde.

4 comentarios:

TOLUCHI dixo...

Boas meu benquerido compañeiro VENTOMADEIRA. Estou contigo no tema de darlle máis valor e potenciar a música galega. E para poñer o meu primeiro grao de area neste blog, permiteme recomendarche que na vez de escoitar unha grandísima versión da Banda Municipal de Valencia,escoites, e se o crees apropiado, e ademáis colges, estoutra dunha renombrada banda galega, que non ten nada que envexar a dunha banda profesional.
O traballo nos ensaios, e o estudio individual dalgunhas bandas amateurs, ou non profesionais, fai que éstas cheguen a acadar un grao no seu nivel musical moi bo. Dise que tamén Galicia é terra de bos músicos, e non só compositores.
Desfruten escoitando amigos. Saúdos

TOLUCHI dixo...

AAAHHHHHHHHHH....esqueciame.....
a miña recomendación......

http://es.youtube.com/watch?v=pbm62E-rNfA

VentoMadeira dixo...

Hola TOLUCHI moitas grazas por animarte a participar. Alégrame coincidir contigo no fundamental. Con respecto á túa suxestión penso que foi unha magoa no saber antes da existencia disa outra versión de Palindromia Flamenca feita pola Banda de Silleda. Se “alguén” mo advertira, valoraría poñela de primeira elección. Inda que fose por unha cuestión de afectividade.
En calqueira caso non é a miña intención caer no papanatismo do noso como centro do universo, senón enrriquecermonos coas aportacións de todos, sen exclusións.
Repito, grazas polo teu comentario. Díchesme unha idea que intentarei poñer en práctica. ¿Conseguireino?

Saúde.
VentoMadeira

TOLUCHI dixo...

Papanatismo....????

Sabe Deus, ¿¿¿... o que lle estará a pasar pola cachola a VentoMadeira .....???
Saberedelo axiña.

Vémonos amigos