Traductor

domingo, 5 de outubro de 2008

Amosade as vosas preferencias.

Quero facerme eco dun comentario realizado hai días por TOLUCHI e darlle a categoría de entrada. Coa súa aportación despertou en min unha idea que pretendo poñer en práctica coa colaboración de todo-los que visitan iste espacio.
TOLUCHI dicía no seu comentario que a Banda Municipal de Silleda tamén tiña outra versión de Palindromía Flamenca, e convidávame a escoitala visitando un video colgado en YOUTUBE. Seguín a súa recomendación e localicei ise video. Hai o tedes:



Agora, eu querovos convidar a que votedes pola versión que máis vos gosta entre ambalas dúas. Conven discriminar os aspectos ténico-visuais da gravación e valorar estrictamente o aspecto musical.

Saúde e a votar, se vos prace. E TOLUCHI, moitas grazas polo teu comentario. Fixeches xurdir unha posibilidade de participación.

2 comentarios:

TOLUCHI dixo...

Vaia chosca que lle está a meter Silleda a Municipal de Valencia....paréceme a mín que aquí hai un pouco de "cariño", sen desmerecer para nada a grandísima interpretación da Municipal de Silleda.
Nun par de meses,espero que consigamos colgar unha aínda mellor versión, esta vez pola Banda da Escola Municipal de Oleiros.

Ánimo para o estudio a tod@s....

VentoMadeira dixo...

Efectivamente, "cariño" polos achegados á de Silleda e falta de descoñecemento da existencia dista enquisa polos achegados á de Valencia. Os de Silleda xogan en casa. ¡¡O Futbol é así !!

Saúde.
VentoMadeira.