Traductor

domingo, 26 de outubro de 2008

¡¡¡ NORABOA !!! LUCIANO

Un lareteo, que deixouno de ser pra se converter en agradabel sorpresa, percorreou istes días o entorno dos achegados á Banda de Música da EMMO , e dende ista bitácora quérolle achegar ó protagonista da mesma os meus parabéns ó mesmo tempo que desexarlle que toda-las súas expectativas persoais e formativo-profesionais véxanse cumpridas no presente e no futuro. El e a súa familia merécenno.

O 22 de outubro de 2008 o Consorcio para la Promoción de la Música fixo públicos os resultados das audicións para acceder á Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, celebradas no Pazo da Ópera da Coruña o 18 e 19 de outubro de 2008.

Luciano , escorrenta simpatía e positivismo activo. Son a súa bandeira. Pero iso non o é todo. Acadar iste fito estou seguro que é froito do esforzo e do compromiso co traballo. As cousas non acontecen por casualidade. Conqueríchelo, pero isto é principiar.

Seguiremos a túa andaina e a do teu contrabaixo, tanto na Banda de Música da EMMO (uns compartindo ensaios, actuacións e convivencia, outros disfrutando da vosa música), coma na Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia. NORABOA e …………………

¡¡¡ ARRIBA O INSTRUMENTO!!! , BANDOLEIRO.

2 comentarios:

TOLUCHI dixo...

Noraboa Luci, esperamos que esto sexa un paso máis na túa formación e que continues a medrar como músico entre todos nós.

Felicidades e haber se agora xa formalizas !!!!!!!

Semicorcheico dixo...

Felicidades Luciano y a seguir estudiando.
Nos vemos el sábado