Traductor

sábado, 1 de novembro de 2008

FEIRA DO MEL



O Concello de Oleiros acolle este domingo 2 de novembro a partir das 10 h a XIX edición da Feira do Mel no Mercado Municipal de Perillo .Esta feira organizada polo Concello de Oleiros acolle cada ano moitos visitantes interesados en festexar un día cheo de diversión desde a primeira hora, xa que desde as 10 h acompañando os expositores haberá artesáns, demostracións de artesanía, animacións infantís e casetas informativas do Concello, da ANPA Xosé Neira Vilas, da ANPA Valle Inclán, de ASPADISOL e de ASPRONAGA e dentro do horario festivo non faltará a música nin a comida, xa que durante toda a xornada estarán presentes a Pulpeira de Melide e a Panadería Da Cunha e en canto á música comezará ás 11:30 actuando o grupo Semente Nova, para seguir ás 12:00 con Folliñas de Oleiros, contra as 12:30 Santaia de Santa Cruz
e ás 13:00 coa actuación da Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros. Para pechar este día de feira ás 18:00 está previsto facer un magosto e unha queimada que serán amenizados pola Orquestra Solara.

2 comentarios:

Nogueirido dixo...

Unha vez máis a Banda da EMMO deleitou a os seus incondicionais cun repertorio entretido e moi axeitado para esta festa do mel. Baixo a maxistral dirección do Sr. Piñeiro as autoridades presentes e o público en xeral puideron escoitar dende pasodobres, sambas, boleros, bandas sonoras ata os temas que triunfaron no festival de eurovisión. Agardamos que a banda-orquesta da Escola de Música de Oleiros siga medrando coma ata o de agora.

VentoMadeira dixo...

Coincido contigo noguerido. A magoa foi que o entorno non acompañaba, pero xa se sabe que istes acontecementos, (feiras, romarias) teñen o que teñen. Cecais senon fose así perderían o seu posible encanto.
Unha Banda de Música ten que estar afeita tocar en todo tipo de situacións. É o único xeito de aprender.

Saúde.
VentoMadeira