Traductor

sábado, 9 de maio de 2009

YAKKA. Pasodobre para Banda.

Yakka é un pasodobre de concerto composto por José Rafael PASCUAL-VILAPLANA
e que nace por un mandado que no seu día fíxolle a Banda da “Asociación de Amigos de la Música” de Yecla (Murcia), coa intención de utilizalo como pasodobre de presentación no Certamen Internacional de Bandas de Valencia, na edición de 2007.
O nome estáse a referir a unha das denominacións árabes que pódense atopar nos libros de historia sobre a cidade de Yecla.
Trátase dun pasodobre de reminiscencias clásicas cun revistimento armónico e tímbrico de carácter máis actual. O protagonismo do saxo alto no primeiro tema é unha homenaxe do compositor ó propio director da Banda de Yecla, o mestre Angel Hernández Azorín, profesor diste instrumento.

A Banda da EMMO abriu a súa participación no IV Festival de Bandas de Música do Concello de Oleiros con ista obra.

Ningún comentario: