Traductor

luns, 5 de outubro de 2009

A REVOLTA IRMANDIÑA

A qué ven isto da Revolta Irmandiña nista bitácora?

Non é máis que a continuación da entrada anterior na que comentabamos a participación ba Banda da E.M.M.O. no III Certame Galego de Bandas que se vai a celebrar en Santiago os días 27, 28 e 29 de novembro de 2009.
A obra obrigada, na sección segunda, na que participa a Banda da E.M.M.O. é A Revolta Irmandiña de Raúl Martín Niñerola. Con ista composición acadou o o primeiro premio do I Concurso de Composición para Bandas de Música da Federación Galega de Bandas de Música Populares.


Na Galiza medieval, os irmandiños eran os membros das Irmandades constituídas para a defensa dos seus intereses fronte aos abusos dos señores.
No século XIV entrou en Galiza unha nobreza moi guerreira e que atacaba os mosteiros, os bispos, os burgueses e os campesiños. Esta nobreza xurdira despois das loitas de Pedro I "o Cruel" e Henrique II. Eran os Osorio en Lemos e Sarria, os Andrade en Pontedeume, os Sarmiento, os Ulloas, os Sotomaior ... ). Loitaban contra as institucións e despoxábannas violentamente das riquezas que lles pertencían. A época conflitiva en Galicia foi no século XV. Dos constantes conflitos sociais salientan as "Guerras Irmandiñas" que foron dúas: a primeira denomínase “Irmandade Fusquenlla”, e a segunda, “Grande guerra Irmandiña”.
As primeiras irmandades formáronse contra o bispo Diego Xelmírez, contra quen se levantaron varias veces os burgueses e parte do clero de Compostela (1116 e 1140).

Se queredes máis información sobre os irmandiños premede
eiquí e se vos apetece, de seguido podedes ver un anaco do programa da TVG, Historias de Galicia que nunha das súas emisións tratou ista revolta . Saúde.

Ningún comentario: