Traductor

luns, 23 de xuño de 2008

Tyrolienne para 2 clarinetes e banda.

Nista ocasión agrádame recuperar unha, xa vella, gravación. Penso que debeu ser das primeiras veces que a Banda da Escola de Música de Oleiros actuou no Auditorio Gabriel García Márquez.
Coma sempre, istas referencias sonoras ou visuais achéganse a min de casualidade. Sabedores das miñas inquedanzas bandísticas, un fato de amigos de xeito desinteresado deixan caer coma quen non quere a cousa as súas testemuñas no meu colo, i eu non son quen de dicir que non. Xa o sei, son un blandengue.
O autor dista pequena peza composta en 1955 foi Hugo de Groot, compositor holandes nado en 1897 e morto en 1986. A súa obra inclue máis de 1000 composicións de todo-los xéneros.
Contáronme os alí presentes que as dúas solistas de clarinete, chamadas Natalia e Inés, sonche da canteira propia de Oleiros. Alumnísimas de Alberto Piñeiro. Entendo que non deixa de ser unha satisfacción profesional que o traballo, esforzo e compromiso conxunto co alumno dea estes resultados. Seguramente o Sr. Piñeiro entende que os resultados sempre poden ser millorables, e ten razón.
Pero coma decía outro benquerido profesor, "faise camiño ó andar". Seique a verdadeira felicidade non esta no final do camiño senon no vagar da propia corredoira. Atopémola e disfrutémola.
Saúde e amodiño.

2 comentarios:

mariabombardino dixo...

qué dos clarinetistas madre mía!
los vagos recuerdos que tengo de ese día me dicen que fue un gran concierto, y la banda contaba con tres bombardinos!! increíble.

Un saludo a todos!

O chopo dixo...

Moi boa interpretación desta peza por parte desas dúas grandes clarinetístas. Ei de preguntar por cal é o seu mestre!!!!!


Bo estilo...e a seguires así.

Noraboa