Traductor

martes, 8 de xullo de 2008

Jacob de Haan


Hoxe quero falar de Jacob de Haan.
Descubrín a Jacob de Haan grazas a unha interpretación que da súa obra “Dakota” realizou a Banda de Escola de Música de Oleiros. Xa hai varios anos disto, pero o sentimento e a paixón que transmitiume a súa música despertou en min curiosidade polo seu autor. Máis adiante tiven a sorte de ser testemuña doutras dúas interpretacións do mesmo autor, Ross Roy e “La Storia”. Encantáronme.
Jacob de Haan naceu o 28 de marzo de 1959 en Heerenveen , Holanda. Recibiu a súa formación musical na Academia de Música Estatal en Leeuwarden, onde estudou órgano. Na actualidade é profesor nista academia na especialidade de Composición.
Vive na cidade de Rótterdam onde ademáis da docencia, adícase á composición. En moitas ocasións é requerido como director convidado para interpretar os seus propios traballos e tamén como xuiz en concursos internacionais.
Jacob de Haan creceu nunha familia con inquedanzas musicais. Grazas ó seu piano e ás leccións de trompeta, el foi quen de desenvolver a súa creatividad como futuro compositor dende moi novo. Principiando os anos 80, cando os seus primeiros traballos foron publicados, xa obtivo os seus primeiros éxitos como compositor de música para banda de concerto.
Ten sona polas súas composicións, moitas delas por encargo, e polas combinacións de estilos. Oregón é a súa obra máis exitosa. O seu repertorio para banda de concerto consiste en obras de concurso en varios grados de dificultade, obras de concerto curtas, música popular e algunhas marchas. Tamén ten escrito alguns arranxos de obras clásicas e corais. E por suposto, material didáctico para os principiantes. Se tedes interese en saber algo máis da súa obra non dubidedes en visitar o seu espacio persoal na Internet pinchando eiquí . Asemade disporedes, no devandito lugar, dun fato de pequenas “demos” das súas obras.
Agardo que vos goste a súa música.

Ningún comentario: