Traductor

venres, 30 de xaneiro de 2009

Alvamar Overture


Despois dun periodo de inactividade por cuestións técnicas, voltamos de novo á bitácora.
Teño traballo pendente e pretendo sacalo adiante, pero amodo.

Para escomenzar a tirar do fio deixovos ista gravación do Concerto de Nadal do que xa vos din conta no seu momento. Moitas grazas Iván porque sempre estas ahí pra dar testemuña do que acontece.
Trátase da obra coa que a Banda de Música da E.M.M.O. abriu o concerto: Alvamar Overture, de James Barnes, un dos referentes da música para banda en Estados Unidos e tamén en todo o mundo.
É unha obertura de concerto cunha estructura bastante ampliada, e cun material, tanto rítmico como melódico, moi pegadizo que transmítese con facilidade ó espectador. Ainda que a súa estrea foi alá polo ano 1981, segue estando presente na maioría dos repertorios bandísticos actuais e non quedou desfasada.

James Barnes (1949) estudou composición e teoria da música na Universidade de Kansas e en privado con Zuohuang Chen. Foi galardoado con varios premios como o Bachelor of Music ou o Master of Music.
Dende 1977 ensina orquestración e composición na University Of Kansas. As súas numerosas obras son tocadas a cotío en América, Europa, Xapón Taiwán e Australia, e a banda xaponesa Tokio Kosei Orchestra editou varios discos cd´s coa súa obra.

1 comentario:

O Bandullo dixo...

Cada vez sonades mellor. Noraboa!
Aledome desta última actualización da tua bitácora, ventomadeira. Non vai sin tempo...
Saúde e adiante