Traductor

sábado, 3 de xaneiro de 2009

Concerto Nadal 2008



A Banda da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros protagonizou o pasado día 13 de decembro o seu Concerto de Nadal. A actuación escomenzou ás 20.30 horas no Auditorio Gabriel García Mázquez, en Mera, coa interpretación de Alvamar Overture , de James Barnes.
Ó remate das interpretacións engadidas no programa houbo unha interesante mistura de melodías contemporaneas recollendo a música dos anuncios publicitarios do Nadal. Este remexido de música, de anuncios publicitarios da época de nadal, evocou momentos inesquecíbles vividos fronte a unha televisión ou unha radio por unha boa parte do público. «Temas como a lotaría, os turróns ou as bonecas, formarán parte da nosa vida, non polas súas marcas, senón que pola súa música», sinalou Alberto Piñeiro Leiva, director da Banda da Escola de Música Municipal.



PROGRAMA:

Banda:

Alvamar overture James Barnes.



Palindromía flamenca Antonio Ruda Peco.
Solista de saxofón soprano: Rafa Agulló Albors
Guitarra española: Cristina Espiñeira Precedo
Caixón flamenco: Robin Leira Vázquez

Highlights from Annie Ch. Strousse /arranxo: J. de Meij.

Miss Trombone Henry Fillmore / arranxo : Alberto Piñeiro.
Solista de trombón: Arturo Centelles Fabado.


Innuendo Arranxo para banda : Jorge Salgueiro.

Coro de voces brancas, aula de folk e banda:

Vinde ver ó neno Popular/ arranxo : Alberto Piñeiro.

A Belén vinde pastores Popular/ arranxo: Julio Cabo.

Remexido de anuncios navideños Arranxo para banda: Alberto Piñeiro.

1 comentario:

Nogueirido dixo...

Baixo a maxistral dirección de Alberto Piñeiro os máis de 60 músicos da B.E.M.O. ofreceron un sensacional concerto de Nadal. A batuta do mestre Piñeiro esixiu aos compoñentes da Banda nesta ocasión unha especial forza e intensidade que foi "in crescendo" segundo o concerto avanzaba, para rematar cunha selección de panxoliñas magnificamente interpretada polo coro de voces brancas. Os solistas realizaron unha execución perfecta. Podemos afirmar que aos oleirenses que lles goste a música e aínda non escoitaron a súa Banda ¡non saben o que se perden!. Un saúdo