Traductor

domingo, 15 de marzo de 2009

RUBICON

Chegoume ós oidos que estan a preparar os da Banda de Música da EMMO o programa pra se presentar un ano máis o Certame de Bandas que orgaiza o Concellos de Oleiros. Seique iste ano celebrarase na fin de semana do 26 de abril. Concretareino cando teña coñecemento por vía oficial.

Unha das pezas nas que estan a traballar é obra de Bert Appermont, RUBICON
O Rubicón é un río no norde de Italia que Xulio César cruzou cos seus exércitos no ano 49 A.C., desafiando ós dirixentes de Roma que temían o seu poder. Esto deu lugar a unha guerra civil contra o seu rival Pompeyo, despois da cal César toma o poder como gobernante absoluto de Roma. “Cruzar o Rubicón” utilízase dende aquela como expresión que significa a toma dunha decisión perigosa e irreversible, tornándose nun modo proverbial de dicer que se comeza algo novo e difícil, que se racha co pasado lanzándose a unha empresa de irrevocables consecuencias. Con iste traballo Bert Appermont intenta reflectir musicalmente un importante momento da historia. A obra ten tres partes: "Meditación", "A Batalla de Farsalia", e "Danza".

A Batalla de Farsalia esta estudiada dabondo e paga a pena botarlle unha ollada.
¿Quén dubidaba da súa existencia? ¿Algún musico de pouca fe?
Deica outra.

Ningún comentario: