Traductor

sábado, 14 de febreiro de 2009

AS CORES DO VENTO

Coméntanme os meus informadores que istas semanas o director da Banda de Música da Escola Municipal de Música de Oleiros, Sr. Piñeiro, esta a convocar os ensaios da banda por cordas. E dicer, orgaiza unha sesión para vento-madeira, outra para vento-metal e outra para percusión. Seique está a sacar de cada sección da banda o maior zume e de millor calidade posible.

¡ Por favor Sr. Piñeiro, deixeme algun músico vivo!

Xa que logo, decidín sair na percura de información sobre as distintas cordas das bandas para estar ó día, e algo atopei. Pero hoxe, denantes de salientar características concretas das distintas cordas (que deixo para engadir noutro momento), permitídeme que vos ofreza un par de videos sobre o “VENTO”. Sí, sí, o vento e as súas cores. O vento é o elemento fundamental dunha banda de música, e inda que non o pareza, o vento ten cores.

Agardo que sexan do voso agrado
Saúde e deica outra.





Ningún comentario: