Traductor

domingo, 4 de outubro de 2009

III Certame Galego de Bandas


Durante os días 27, 28 e 29 de novembro terá lugar na sala Anxel Brague do Auditorio de Galicia o III Certame Galego de Bandas de Música Populares.
Desta vez, e pese aos problemas para relizalo, a música de banda volverá a encher o Auditorio de Galicia nunha competición na que participarán ata 22 bandas distribuídas por toda a xeografía galega e arredor de 1000 músicos no escenario.
Como novidade para este certame inclúese a retroalimentación que comeza a producirse entre este III Certame Galego de Bandas e o I Concurso de Composición xa que as obras gañadoras do último serán tamén as obras obrigadas que terán que interpretar as bandas participantes do III Certame Galego.
A Banda da Escola Municipal de Música de Oleiros participrá niste certame na sección segunda, e competirá coas seguintes bandas:

Agrupación Músico Cultural de Ribadumia
Banda de Música de Vilagarcía de Arousa
Banda de Música Sementeira de Cambre
Banda da Escola de Música de Oleiros
Banda da Escola de Música de Rianxo
Banda de Música Xuvenil de Xinzo

Nista sección segunda a obra obrigada é "A Revolta Irmandiña" de Raúl Martín Niñerola.

Dende eiquí querémoslle desexar, ós integrantes da Banda da E.M.M.O., a pinga de sorte que sempre é necesaria para acompañar ó esforzo e ó traballo que con ilusión estan poñendo na preparación diste evento de relevancia.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Seguro que traballo e ilusión nos lles faltan ós nosos músicos oleirenses.
A por todas !!!