Traductor

domingo, 7 de febreiro de 2010

GRABACIÓNS DO III CERTAME. AUDIO


Xa podedes escoitar as interpretacións das obras que a Banda da E.M.M.O. realizou no III Certame Galego de Bandas celebrado os días 27, 28 e 29 de novembro de 2009 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela e no que a Banda da E.M.M.O. acadou o primeiro premio da sección segunda (bandas de entre 40 e 60 músicos).

A grabación foi realizada pola propia organización do certame. Tamén realizaron unha grabación en video que ainda non a fixeron pública e da que daremos conta logo de facérmonos con ela.

Pra escoita-las interpretacións premede nas ligazóns amosadas de seguido.

Pasodobre de presentación:
Yakka de José Rafael Pascual-Vilaplana
Obra obrigada: A Revolta Irmandiña de Raúl Martín Niñerola
Obra libre: Rubicón de Bert Appermont

Ningún comentario: