domingo, 29 de novembro de 2009
Banda da E.M.M.O. gañadora. Xornada histórica para OLEIROS.
A segunda das xornadas do III Certame Galego de Bandas de Música tivo lugar na tarde de onte, sábado, dende as 18:00 h no Auditorio de Galicia. As formacións musicais que competiron foron as pertencentes á sección segunda, aquelas que que teñen entre 45 e 60 músicos.
Nesta ocasión, a banda gañadora foi Banda da Escola de Música de Oleiros á que se lle entregou un premio en metálico de 2000 €. En segundo e terceiro lugar quedaron Banda de Escola de Música de Rianxo e Banda de música Sementeira de Cambre cuns premios de 1.400 e 600 € respectivamente. A Federación Galega de Bandas de Música Populares concedeu tamén un premio de 400€ á banda que acadou o 4º posto, Agrupación Músico Cultural de Ribadumia.Ademais a Consellería de Cultura e Turismo estableceu un premio á mellor interpretación dunha obra de autoría ou temática galega que recaeu na Banda de Escola de Música de Rianxo cunha dotación de 800 €. Nesta xornada tamén se puido gozar dunha das obras finalistas do I Concurso de Composición, A Revolta Irmandiña, de Raúl Martín Niñerola.
Nesta segunda xornada do III Certame Galego de Bandas de Música a acollida aínda foi mellor que a do venres e o ambiente moito máis tenso, tendo en conta a igualdade de condicións das 6 bandas participantes. Proba disto e da gran calidade que amosaron as bandas foi que o xurado tardou case unha hora en determinar o veredicto. Dende que no 2007 o Certame Galego de Bandas vía a luz, pouco a pouco foise convertendo no escaparate perfecto para dar a coñecer o talento que se agocha detrás das decenas de bandas que hai espalladas por toda a xeografía galega.
Onte á noite, en Compostela, unha nova estrela deixábase ver no ceo pedindo permiso entre as supernovas das Bandas Galegas para nos amosar a súa propia luz. Era a estrela da Banda da Escola de Música de Oleiros que, dende xa, deixa de ser unha promesa pra se conformar coma un proxecto de futuro consolidado, resultado do compromiso e o do esforzo de todo un equipo de profesores, alumnos, familias e amigos que traballando arreo e con ilusión acadaron a satisfacción de disfrutar dun traballo ben feito.
Independentemente do resultado, todos os que dalgún xeito participaron na súa consecución deben estar orgullosos da súa achega. Nada é dabondo, todo suma.
Nembargantes, o verdadeiro obxetivo acadouse a noite anterior ó Certame. A Banda da E.M.M.O. era outra, soaba diferente, a súa evolución era incontestable.
Acadar o Primeiro premio é un broche de ouro para un compromiso colectivo.
Pero non esquenzamos o xeneroso consello que nos deu o mestre Rafael Pascual Vilaplana cando visitounos nun dos ensaios: “non pensedes no Certame coma un fin, senon coma un medio”.
E coma decía outro benquerido profesor, "faise camiño ó andar". Coido que, como xa apuntei nalgunha ocasión, a verdadeira felicidade non esta no final do camiño senon no vagar da propia corredoira.
Atopémola e disfrutémola
Parabéns a todos.
Foto orixinal e información en cursiva da Web da FGBMP
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
4 comentarios:
Isto se que é unha boa nova.
Parabéns
O importante non e gañar
senon participar e se gañas milllor que millor klaro sta.
ai e onde se notou o esforzo que todos fixemos x ir aos ensaios e concertos que se programaron.
un saudo a todos.
e pra in e un honor star na banda de oleiros
Grazas.
Disfrutemolo tanto coma poidamos.
Piñeiro vacacions!!
NORABOA
parabéns a todos, aínda que o meu corazón estaba dividido con Sementeira.
parabéns tamén ó escritor do comentario. Moi bonito, supoño que expresa un sentimento colectivo.
parabéns a todos. Bicos. Charo.
Publicar un comentario