Traductor

domingo, 8 de febreiro de 2009

MONUMENTO NATURAL COSTA DE DEXO-SERANTES, OLEIROS.

Non todo é música no noso entorno. Precisamente unha das características máis selientables do noso concello é a súa estreita relación coa natureza e o intento de conservala como un patrimonio que temos a obriga de transmitir ós nosos fillos en millores condicións de cómo atopámolo. Depende de todos e cada un de nós, nas nosas respectivas responsabilidades profesionais e como persoas, o adoitar iste compromiso.

Oleiros ofrécenos un entorno “bandtástico” .

Como portada da bitácora sempre esta pendurada unha modesta fotocomposición que fai un pequeño percorrido aereo dende Dexo ata Santa Cristina, pero hoxe quérovos agasallar cun video máis concreto e, entendo que máis fermoso. Recréase no Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes e perteñece á Aula do Mar da Casa do Fareiro de Mera



O Monumento Natural Costa de Dexo localízase no Concello de Oleiros (A Coruña). Percorre a franxa marítima que se atopa entre os Faros de Mera e o Porto de Lorbé e inclue a totalidade de illas e illotes próximos á costa. Esta franxa costeira é unha das poucas áreas naturais ben conservadas de toda a costa ártabra. Este feito, xunto á singularidade dos seus ecosistemas e hábitats, e á súa xeomorfoloxía e paisaxe foron os motivos de que, no ano 2000, fose declarada Monumento Natural.

Se premedes de seguido disporedes dunha Guía da Costa de Dexo

Disfrutemos e respectemos o noso entorno. Témolo en préstamo, non en propiedade.

Ningún comentario: